28 de setembro de 2018
A inscrición en liña estará operativa ata as 23:59 horas do 30 de setembro de 2018, na web www.carreirasgalegas.com . Recordarmos a todos que non se admitirán inscricións fora de prazo, nin incompletas.
Os dorsais estarán deseñados segundo os tempos que as e os atletas teñan como marca nos 10 quilómetros.
Existirán 5 tipos de dorsais, coa cor corresponde ao seu caixón que serán verde, vermello, laranxa, azul e morado.
Poderanse recoller no Departamento de Deportes de El Corte Inglés ubicado na rúa Ramón y Cajal, 57 e 59 (A Coruña), nos seguintes días e horarios:
Venres 5 de outubro, de 17 h a 21.30 horas
Sábado 6 de outubro, de 10.00 a 21.30 horas.
De xeito extraordinario, e para todas as e os atletas residentes fóra da cidade, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 7 de outubro, ata unha hora antes do comezo da proba, na zona da saída da proba popular. Aconsellamos, a recollida anticipada para evitar aglomeracións de última hora.
Para as e os atletas das categorías inferiores, a entrega realizarase tamén o domingo día 7 até unha hora antes da saída de cada unha das categorías.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible