Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2017

VI Carreira contra o Cancro Coruña - "En marcha contra o cancro"

Unha carreira popular de carácter non oficial, que conta co apoio de múltiples institucións, entidades, empresas, asociacións etc.

A Asociación Contra o Cancro (AECC) e o Concello da Coruña organizan o próximo 4 de xuño de 2017 a VI CARREIRA CONTRA O CANCRO CORUÑA - "EN MARCHA CONTRA O CANCRO", a beneficio da AECC.

A saída terá lugar na zona do Obelisco e transcorrerá por circuíto urbano en dirección ao Parrote, Castelo de San Antón, Paseo Marítimo, xiro antes de chegar á rotonda de Adormideras; para regresar ao mesmo punto de saída no Obelisco, polo mesmo traxecto. Así mesmo realizarase unha carreira para menores con saída e meta no Obelisco, adaptando as distancias ás idades das persoas participantes.

Paralelamente e desde a mesma localización, darase a saída á MARCHA SOLIDARIA, un paseo aberto a todas aquelas persoas que queiran participar, desde 0 a 99 anos.

Inscricións

  • Presencialmente: cubrindo o formulario de inscrición, na sede da delegación da AECC, praza Mestre Mateo, de luns a xoves de 10.00 a 16.00 horas e venres de 10.00 a 14.00 horas.
  • A través da plataforma en liña de inscrición en www.championchipnorte.com, que estará operativa ata as 23.59 horas do 30 de maio de 2017.

Pode consultar os percorridos nas seguintes ligazóns:

Nas carreiras, poderán participar atletas populares e federados:

CATEGORÍA

DATA DE NACEMENTO

Júnior

nados/as en 1998 e 1999

Promesa

nados/as en 1995, 1996 e 1997

Sénior

Nados/as desde 1994 ata 34 anos

Coa idade cumprida o día de realización da carreira

Veteranos 1

de 35 a 40 anos

Veteranos 2

de 41 a 49 anos

Veteranos 3

de 50 a 59 anos

Veteranos 4

de 60 anos en diante

Cadeira de rodas

Nados/as en 1998 e anos anteriores

Xuvenil

nados/as no ano 2000/2001

Cadete

nados/as no ano 2002/2003

Infantil

nados/as no ano 2004/2005

Alevín

nados/as no ano 2006/2007

Benxamín

nados/as no ano 2008/2009

Pre-benxamín

nados/as no ano 2010 ata o 3/06/2011

Que teñan 6 anos cumpridos o día de realización da carreira

MARCHA SOLIDARIA

Para todas as idades e condición física

É obrigatorio inscribirse e adquirir un dorsal

Distancias de carreira e horarios de saída segundo categoría:

CATEGORÍA

HORA*

DISTANCIA

ABSOLUTA

10.30

6.450 m aprox.

MARCHA SOLIDARIA

10.45

1.850 m aprox.

XUVENIL E CADETE

11.35

2.000 m aprox.

INFANTIL

11.50

1.500 m aprox.

ALEVÍN E BENXAMÍN

12.05

500 m aprox.

PREBENXAMÍNS

13:00

180 m aprox.

*Os horarios de saída son orientativos, e poderán sufrir variacións, en función do número de participantes por categoría. En calquera caso, os participantes deberán estar presentes na liña de saída polo menos con 10 minutos de antelación.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión