Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pivote e parte inferior do corpo dunha ánfora romana (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Ánfora

Ánfora

Cando o viño chegou ás nosas costas

As ánforas son recipientes destinados ao transporte de distintos produtos na antigüidade. Trátase dun obxecto destinado e orientado cara a medios de transporte mariños, pois era o método máis áxil de transportar mercadorías pesadas. As ánforas adoitaban transportar produtos típicos e de notable valor para o mundo mediterráneo: aceite, viño, distintas salsas como o garum, mel... pero tamén produtos sólidos, como olivas, cereais ou peixe. As ánforas fabricábanse moi preto do centro de produción ou recollida dos produtos que transportaban, e resultan un elemento esencial para coñecer con que pobos e en que momento se realizaban intercambios de todo tipo.

En Elviña, a maior parte das ánforas proceden do sur da Península Ibérica, aínda que tamén existen recipientes do Norte de África e da área itálica. Contamos con ánforas que se remontan ata o s. V a.C., e tamén exemplares do s. V d.C., representativas de dúas formas moi distintas de vivir e consumir. A maior parte dos materiais importados datan, con todo, dos s. II-I a.C., momento de apoxeo do poboado, e na súa maioría correspóndense con ánforas vinarias. O interese das poboacións da Idade do Ferro polo viño é unha constante mencionada por múltiples autores clásicos (Tácito, Diodoro Sículo, Plinio o Vello...). No caso do Noroeste, Estrabón, na súa Xeografía, relatou que os habitantes tiñan gran escaseza de viño, e que cando o conseguían, gastábano rapidamente en grandes festíns. O viño non só era un elemento clave para as comunidades galaicas polo seu sabor, senón que se empregaba como mecanismo de control social: aqueles que controlaban e xestionaban os contactos cos navegantes do mediterráneo tiñan un maior control sobre o viño e, por tanto, sobre o interese de todos aqueles que pretendían acceder a el. Ademais, o viño tamén podería ser empregado como aliciente a cambio de determinados servizos ou tarefas.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión