Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Plan Director

Unha mirada ao futuro do xacemento (1998-2000)

En 1998, froito dun convenio entre o Concello da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, establécese o inicio do Plan Director do Castro de Elviña. Coordinado polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, comezou a elaborarse un amplo documento que incorporaba un total de 42 especialistas e técnicos de moi distintas disciplinas: arqueólogos, arquitectos, historiadores, geógrafos, sociólogos, economistas, edafólogos, palinólogos, botánicos, enxeñeiros de obras públicas, comunicólogos, deseñadores ou informáticos.

Coordinado por Felipe Criado Boado, o Plan Director implicou unha profunda revisión histórica e arqueolóxica do xacemento, permitindo a recuperación de toda a información relacionada con Elviña e a elaboración de distintas hipóteses, liñas de investigación e estratexias de conservación, restauración e divulgación. O Plan Director sentou as bases dunha forma de comprender o patrimonio de Elviña, abarcando, máis aló da arqueoloxía, a súa perspectiva social, estética, cultural e turística, facendo fincapé na restauración e acondicionamento do castro e a contorna, na mellora de accesos e na correcta exposición dos materiais.

Debido as distintas conxunturas, o Plan Director nunca foi executado, aínda que moitas das súas ideas foron recuperadas e reinterpretadas en posteriores actuacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión