Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cepos de áncoras antigas (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña).

O porto romano

A oficina aduaneira e o tráfico portuario

O porto romano de Brigantium é un dos poucos peiraos no litoral atlántico do que se coñece a súa localización. Foi un enclave esencial como porto de recalada e abastecemento, pois a navegación romana era de cabotaxe (é dicir, sen perder de vista a cousa), polo que os grandes navíos de altura requirían de lugares fixos de atracada para o seu abastecemento, mantemento, reparación, transporte, carga e descarga e control fiscal.

Este feito fai que consideremos a relevancia administrativa do asentamento de Brigantium , pois debía contar coas dotacións necesarias (almacéns, persoal, infraestruturas...). Contamos, de feito, con referencias epigráficas relativas á recadación, nas que queda recollida a existencia de persoal administrativo con responsabilidades fiscais: este é o caso do escravo Reginus Verna, que exercía o cargo de exactor en Brigantium , é dicir, responsable do cobramento dos impostos na cidade.

Con todo, non quedan demasiadas evidencias arqueolóxicas deste porto. Todo parece indicar que se situaría na zona da actual Dársena. Existe un testemuño escrito, relativo á crónica dos cruzados británicos que loitaron en Lisboa, na que se describen os restos do porto como unha ponte con moitos arcos, correspondente cunha técnica romana típica para a construción de portos con forma de diques de arcada, con grandes pilastras de pedra que sustentarían vigas de madeira. Na actualidade, foron recuperadas baixo o mar algúns restos deste porto, como grandes bloques de cemento na actual Dársena, posibles fragmentos de columnas ou varios cepos de áncora; evidencias reminiscentes do antigo peirao de Brigantium , do que apenas podemos albiscar a verdadeira relevancia que alcanzou no seu momento.

  • Puerto

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión