Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coiraza do Orzán

O sistema defensivo da cidade

A forza e garda do Reino de Galicia

As murallas nas cidades non só cumpriron funcións de carácter defensivo, senón que, en época medieval tamén definirían o desenvolvemento urbano, facilitaría o control fiscal, regularía o tránsito de persoas e mercadorías, protexería aos seus habitantes en época de epidemias e, ademais, manifestaríase como un símbolo e imaxe da urbe.

Mirando ao mar, a muralla pechábase polo oeste na embocadura da ría, mentres que, en terra, a rocha granítica que conforma a península aparecía unida ao continente mediante unha modesta franxa de area que, de maneira natural, ofrecía unha posición estratéxica singular, conseguindo unha útil defensa da cidade.

No primeiro hábitat ocupacional da cidade, o asentamento romano de Brigantium , non coñecemos evidencias de fortificación, aínda que tampouco é descartable que algunhas zonas estivesen amuralladas. Na Idade Media, estableceríase unha fortificación completa do espazo, quizais relacionada coa repoboación de 1208 promovida polo Rei Afonso IX. O espazo foi amurallado por aquel entón, aínda que, por mor da expansión urbana, construíuse unha segunda liña durante a segunda metade do século XIV, atribuída ao monarca Enrique III.

O trazado non variou ata o ataque de Francis Drake no 1589. Esta defensa configurouse cun alto muro de mampostería de diferente anchura, baluartes semicirculares e algún de planta cadrada.

Varios tramos desta muralla medieval serían aproveitados como parte da muralla construída nos séculos XVII e XVIII, reforzada e ensanchada nalgúns puntos, derrubada noutros. Parte dela pode observarse na actualidade nos xardíns de Capitanía e San Carlos. Coa cidade denominada como "forza e garda do Reino de Galicia" baixo o reinado de Felipe II, a cidade converteuse nunha praza forte militar, reforzada na segunda metade do século XVI. No 1588, comezaron as obras do castelo de San Antón, primeira construción defensiva moderna fóra da cidade, sobre unha illa próxima ao Parrote, localización actual do Museo Histórico e Arqueolóxico.

Foi na Idade Moderna cando se erixiu o complexo sistema defensivo coñecido, reflexo dos sistemas e tipoloxía da arquitectura militar da época. Ademais da muralla, chea de baluartes coa habitual planta en estrela, o sistema defensivo completouse con outras fortificacións e baterías, permitindo unha mellor defensa. Como elemento singular, destaca a coñecida como Coiraza do Orzán, testemuño dunha liña defensiva ideada para pechar o acceso á península por terra, perpendicular ao istmo de costa a costa. Coa expansión urbanística, as estruturas defensivas derrubáronse parcialmente no século XIX. Actualmente, pódense apreciar numerosos exemplos deste complexo defensivo, conservado en diversos puntos da cidade, como a porta de San Miguel, a contorna do Hospital militar e os xardíns da Mestranza, a Coiraza do Orzán ou o propio Castelo de San Antón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión