Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tesouro de Elviña (Museo Arqueolóxico e Histórico do Museo do castelo de San Antón da Coruña)

O tesouro

Ourivaría galaica de gran complexidade

No verán do 1953, escavando nos fondos dunha vivenda, José María Luengo Martínez atopou un singular tesouro, que permanecera soterrado durante dous milenios. A localización destas pezas, a recado, foi completamente descoñecida ata entón, pois ninguén alteraría este conxunto de pezas que, hoxe en día, representa unha das mostras máis notables de ourivaría galaica.

Trátase dun conxunto composto por unha diadema-cinto, un colar, unha posible gargantilla de ouro e unha conta de pasta vítrea. As pezas presentan motivos decorativos xeométricos, tetrasqueles, filigranas e mesmo a representación dun pato no caso da diadema, que ilustran o dominio dunha técnica depurada, por parte dos anónimos ourives que as deseñaron e crearon. Este depósito formou parte dun ou varios enxovais utilizados en determinadas cerimonias, cuxa última vida foi, presumiblemente, ser enterrados de maneira intencional. Resulta interesante ter en conta que a diadema puido pertencer tanto a un home como a unha muller, cuestión que, de dilucidarse, podería achegar interesante información sobre os roles de xénero do momento. As fontes clásicas indican que a muller tiña un notable peso na organización social daqueles tempos, pero as evidencias arqueolóxicas aínda non permiten contrastar estas hipóteses.

A pesar de que descoñecemos a súa orixe, non é descartable que se fixesen no propio castro. Na execución do Proxecto Artabria, o arqueólogo José María Belo sinalou a posible existencia dun taller de ourive no castro, no que se recuperaron restos dunha fogueira con abundantes cinzas, escorias, crisois e evidencias do traballo do metal, xunto cunha cinta de ouro enrolado e cunha pequena pedra de toque, esencial para avaliar a pureza das pezas de ouro.

  • O tesouro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión