Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cordal nos montes da Zapateira/Monte das Arcas

A necrópole megalítica da Zapateira

A memoria da primeira arquitectura monumental

Ao sur do Castro de Elviña, localizábase a necrópole megalítica da Zapateira, tamén coñecida como Fonte do Ouro ou Monte das Arcas.

Este tipo de necrópole acostumaban distribuírse ao longo dos cumes de cordais e están constituídas por un agrupamento de túmulos, coñecidos como mámoas ou medorras. Os ortostatos, no caso de telos, eran cubertos por un sedimento de terra dándolle forma semiesférica, sobre o que se dispoñía unha capa de pedras miúdas seleccionadas sobre a mesma, chamada coiraza, que eventualmente se arrodeaba por un cordón formado por pedras que delimitaba o túmulo, chamado anel peristalítico. As mámoas son as primeiras evidencias de arquitectura monumental na historia de Galicia, e a súa construción remítenos a un período entre o 4500 e o 1500 a.C., de maneira aproximada. Na actualidade, coñécense máis de 8000 mámoas no territorio galego, un dos lugares do mundo con maior densidade de xacementos tumulares.

A pesar de que a función inicial implicaba certo carácter funerario e simbólico, tamén foron utilizadas como elemento delimitador do espazo das comunidades do pasado; función que, mesmo, foi conservada ata a actualidade, pois as mámoas formaban parte da paisaxe tradicional e aínda mantiñan connotacións simbólicas. Este pode ser o caso da necrópole da Zapateira, que serve de límite entre os concellos de Coruña, Arteixo e Culleredo, así como de cinco parroquias. Oriéntase en sentido E-W ao longo da divisoria da cordal que comunica o val de Vilaboa e a ría do Burgo coa zona de Arteixo. O cordal alcanza os dous quilómetros e medio de lonxitude, cunha altura de 289 metros sobre o nivel do mar.

As primeiras intervencións na necrópole efectuáronse 1935, a cargo da Sociedade coruñesa "Amantes do Campo", sendo posteriormente estudada por Luís Monteagudo. Chegáronse a catalogar trinta e tres mámoas que se dividiron en varios conxuntos denominados Fonte do Ouro, Leira de Cachafeiro, Montes da Zapateira e Monte da Arca (contorna do Trabe), Monte de Cambás, Monte Aberto e Monte de Orro. Unha delas foi escavada polo propio Monteagudo en 1976, con motivo da construción do campo de golf. Hoxe en día, desgraciadamente, a maior parte destas 33 mámoas xa non se conservan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión