Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fotografía aérea da primeira terraza, coa muralla, o alxibe e a Casa do Tesouro

A primeira terraza

Edificios singulares e urbanismo

Esta terraza foi a área máis escavada do castro, acollendo un bo número das edificacións máis singulares do castro: a Casa da Exedra, o Pozo-Alxibe, o Templo do Ídolo Fálico, a Casa do Tesouro... Esta área formou parte dos traballos de escavación de Luís Monteagudo e José María Luengo, que exhumaron a maior parte deste ámbito. Debe sinalarse que esta área acolle unhas condicións inmellorables resgardada do frío vento do Atlántico e orientada cara ao sol do mediodía.

Esta área forma parte dun complexo contexto urbanístico que denota un notable interese polas edificacións de carácter relixioso, así como a existencia de evidencias relacionadas coa planificación urbana (estruturas de abastecemento de augas, camiños empedrados, edificacións colectivas). Todas estas estruturas forman parte do habitual nun oppidum, sendo representativas dun poboado fortificado de gran complexidade social e construtiva, e que manifestan unha forma distinta de entender as relacións sociais en comparación cun castro "habitual".

  • A primeira terraza

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión