Concello da Coruña

Concello da Coruña

Área escavada por J.Mª Luengo

Os inicios

De 1947 a 1957

En setembro de 1947 Luís Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa atención no Castro de Elviña, sendo o primeiro interesado en explorar arqueoloxicamente este poboado protohistórico.

A primeira escavación centraríase no lugar coñecido como A Cabaxe, na zona este, onde aparecería a Casa da Exedra, varias estruturas de planta rectangular con esquinas arredondadas e parte do sistema de acceso á croa na banda sueste.

A actuación de Monteagudo foi breve: só actuou como director comisario nesta primeira escavación, xa que foi deposto por distintos motivos persoais e políticos. Desde o ano 1948 e ata 1955, José María Luengo Martínez fíxose cargo como director comisario das escavacións arqueolóxicas no castro.

Non contamos con demasiadas informacións sobre que estruturas foron exhumadas en cada momento, aínda que podemos sinalar que foi exhumada a maior parte da muralla da croa e practicamente toda a área da primeira terraza situada na contorna da muralla. En 1948, a intervención centrouse na área sur da croa, na primeira terraza, exhumando todo o lenzo de muralla da croa e as dúas casas situadas na contorna da súa cimentación. Entre 1949 e 1955, exhumouse o Pozo-alxibe e o Templo do Ídolo Fálico, entre outras estruturas. Neste período, en 1953, tamén se identificou a Casa do Tesouro (e, por suposto, o Tesouro de Elviña). Nas últimas campañas, o xacemento foi preparado para unha posterior posta en valor, destacando unha reconstrución íntegra das estruturas 3 e 4 (na contorna inmediata da muralla da croa) en 1957.

Esta reconstrución, desgraciadamente, durou unhas escasas semanas, debido a un incendio provocado, provocando un desagradable final para esta primeira fase de actuación. De feito, e a pesar de que o castro foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1962 pola espectacularidade dos achados, o xacemento quedou esquecido durante algunhas décadas, sepultado polas torres de alta e media tensión asentadas sobre el durante a década dos 60.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión