Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imaxe da Cosmografía de Claudio Ptolomeo, da Biblioteca Nacional, procedente do arquivo do Centro de Interpretación e Atención a Visitantes da Torre de Hércules.

Os xeógrafos clásicos

A Coruña nos vellos mapas

O ilustre escritor ourensán Otero Pedrayo, nos seus estudos de xeografía, definiu como Golfo Ártabro o arco que forman as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, seguindo unha delimitación que, previamente, xa suxeriron distintos xeógrafos e eruditos de época clásica como Estrabón, Pomponio Mela ou Plinio.

Todos eles realizaron varias mencións a esta área: Estrabón, Plinio e Claudio Ptolomeo sinalaron recurrentemente a existencia do Porto dos Ártabros como un lugar destacado para a navegación e o comercio. Con independencia de que a denominación fose directa ou non ao actual emprazamento da Coruña, si resalta a relevancia do territorio ártabro nos textos clásicos que aluden a esta zona.

As referencias a Brigantium son algo máis tardias, unha cuestión lóxica, pois a súa fundación data de mediados do I d.C. A primeira mención realizouse no século II d.C, na Xeografía de Ptolomeo, indicando simplemente a súa localización. No século seguinte, Dion Casio situou nesta zona a chegada de Xulio César no 61 a.C. Por aquel entón, a cidade aínda non se fundara, polo que o historiador bitinio simplemente pretendía empregala como lugar coñecido para facilitar a lectura e contextualizar xeograficamente as súas accións. A principal referencia con datos sobre a súa localización proporcinouna Paulo Orosio no século V d.C, indicando a existencia dun altísimo faro - o Farum Brigantium - que sempre miraba cara as Illas Británicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión