Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vista aérea do acceso exterior

O acceso exterior

Un grande acceso ao recinto

Durante moitos anos, foi posible observar a monumentalidade do Castro de Elviña a través das súas potentes murallas e dos prominentes torreóns que franqueaban o acceso á croa. Con todo, a nosa percepción da arquitectura do castro cambiou notablemente tras a escavación do acceso exterior.

Situado na banda suroeste do castro, na terceira liña de muralla, esta entrada dá acceso ao poboado desde o exterior, polo que debía de estar firmemente defendida e asegurada para controlar quen podía entrar e quen non.

Unha construción monumental

O acceso exterior suroeste sitúase, como é lóxico, na última liña de muralla do castro. En primeira instancia, contaba con dous torreóns acaroados á muralla; con todo, neste caso, ambos os torreóns contaban con cadanseus muros que, prolongados en dirección suroeste, daban lugar aos outros dous torreóns (aínda que na parte este, o probable torreón non se conserva, pois foi totalmente destruído). Este acceso contaba, como mínimo, con tres portas de madeira, e estaba completamente pavimentado por un camiño pavimentado.

Na parte interior, este complexo acceso daba paso a unha pequena praza, que funcionaba como centro organizador da rede de camiños internos do castro.

Este complexo sistema de acceso, sen demasiados paralelos no Noroeste da Península Ibérica, alcanzaba un total de 35 m de longo, unha área que permitía vixiar por completo a todo aquel foráneo que quixese acceder.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión