Concello da Coruña

Concello da Coruña

Retrato de Sir Francis Drake pintado por Marcus Gheeraerts o Mozo, procedente do arquivo de Wikipedia.

Sir Francis Drake

A Coruña contra o exército inglés

Sir Francis Drake (1540-1596) foi navegante, corsario, explorador e vicealmirante inglés, baixo o reinado de Isabel I de Inglaterra.

Considerado un heroe polos seus compatriotas, mandou numerosas expedicións navais contra os intereses españois tanto en España como nas Indias, e foi a segunda persoa en circunnavegar o mundo nunha soa expedición, despois de que o fixese Elcano.

En 1588, tras o desastre da Armada Invencible española, Isabel I de Inglaterra mandoulle a Drake lanzar un contraataque contra España, no marco das operacións da guerra anglo-española, co obxectivo de destruír o que quedaba dela, tomar Lisboa e os Azores, e intentar facer posible o seu imperio no Atlántico.

A que foi coñecida como a «Contraarmada» tivo un destino tan tráxico como o da súa precursora española. Drake atacou A Coruña en maio de 1589, conseguindo saquear unha parte da cidade, o barrio da Pescadería, pero foi finalmente rexeitado. A defensa da cidade mandada polo Marqués de Cerralbo e a heroica defensa civil, na que destacan as figuras de María Pita e Inés de Ben, fixo que os ingleses sufrisen máis de mil baixas e a perda de catro naves.

Drake non puido acadar ningún dos obxectivos da Armada Inglesa, pois a toma de Lisboa tampouco foi posible. Cando chegaron ás Azores, a frota xa estaba demasiado castigada e desmoralizada para poder tomar esa praza. De volta para Inglaterra arrasou Vigo e, xa en desbandada, chegou a Plymouth e caeu en descrédito, no que se considera unha das maiores derrotas da historia militar de Gran Bretaña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión