Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fotografía aérea da contorna do castro de Elviña

A acrópole

Dominando o val, vixiando o mar

A acrópole (ou croa) do castro sitúase na parte máis alta do outeiro e é o espazo empregado máis antigo de Elviña. Os materiais demostran que puido estar habitado mesmo antes do século IV a.C. Posúe unhas vistas privilexiadas do territorio que arrodea o outeiro, e tamén do espazo que ocupa actualmente a cidade da Coruña, o mar e o porto; un contexto excelente para controlar o territorio e dominar as rutas de paso.

O seu primeiro hábitat foi ocupado con anterioridade aos s.V-IV a.C., na actualidade, esas fases apenas son visibles. A croa que podemos ver agora data, con gran probabilidade, dos s. III-I a.C.

As vivendas que podemos ver actualmente na croa son moi heteroxéneas, cun modelo afastado do habitualmente esperado nos castros galegos. De feito, Elviña é un castro pouco habitual, pois, en lugar de contar cun espazo interno cheo de vivendas, presenta distintos espazos abertos e unha gran presenza de edificacións relixiosas ou de carácter colectivo, con menor presencia de espazos domésticos do que cabería esperar.

Vivendas de palla e barro

As últimas escavacións documentaron a existencia do primeiro recinto fortificado de Elviña e de restos de estruturas perecedoiras, erixidas na acrópole con palla e barro. O "pallabarro" é unha técnica construtiva que mestura palla con barro. Estas son as estruturas máis antigas do castro, de polo menos un século antes da construción das máis antigas conservadas, as vivendas circulares de granito.

Tamén se atoparon materiais cerámicos claramente prerromanos que falan dunha ocupación anterior á transición da Primeira á Segunda Idade do Ferro, na que se empezaron a construír en pedra as estruturas deste tipo de poboados.

Este espazo foi obxecto de transformacións que melloraron o nivel de vida dos seus habitantes, sobre todo as relacionadas co sistema de pavimentación e de evacuación de augas pluviais. Desta maneira, as escavacións arqueolóxicas documentaron unha serie de lousados de cachotaría para evitar o encharcamento e embarrado do chan, así como un sistema subterráneo de evacuación de augas mediante sumidoiros e canalizacións.

  • A acrópole

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión