Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plano da ría e cidade da Coruña do cartógrafo portugués Pedro Teixeira, 1634

A cidade da Coruña

Unha vocación liberal que vén de antigo

A privilexiada posición xeográfica da península da Coruña resultou clave para o desenvolvemento das sucesivas ocupacións que xestaron a actual cidade da Coruña. En época romana, o asentamento e a estruturación do Faro foron consecuencia da súa excelente condición de espazo de navegación antigo.

Tras unha etapa de retracción por mor das razzias normandas, na Baixa Idade Media ampliáronse as rutas marítimas e os contactos comerciais con outras zonas, en moitos casos, auspiciadas polos privilexios outorgados polos monarcas. Entre os fitos que marcan este desenvolvemento podemos citar a cédula de fundación e repoboación da cidade en 1208, o privilexio do comercio do sal no 1255, o da franquía fiscal de 1286 para xentes e produtos e a posta en funcionamento dunha liña regular entre o peirao británico de Bristol, cara a finais do século XV. A cidade vella crecía e reocupouse a zona do istmo, lugar no que se establece o potentado gremio de mareantes.

O desenvolvemento da cidade, como na época antiga, estivo relacionado co seu porto e coa actividade comercial e industrial. No 1503 Carlos I outórgalle a celebración dunha feira anual de trinta días. As prestacións realizadas á coroa reverteron na cidade coa implantación de organismos relacionados coa delegación dos poderes estatais no Reino de Galicia. Na cidade reuníase a Xunta do Reino e no século XVIII aloxará a Intendencia Xeral de Galicia. Os Correos Marítimos con Ultramar ampliaron o espectro de mercado cara a América.

Co devir do tempo crearanse fábricas e industrias dedicadas ao téxtil, conservas, salgadura e outras moitas actividades. Todo este crecemento económico foi parello ao social e cultural, visibles entre outros aspectos na fundación de importantes institucións científicas e humanísticas vinculadas a un sentimento liberal moderno, que galvanizará a personalidade da urbe.

Sobre estes antecedentes, xa na época contemporánea, a cidade da Coruña será o centro neurálxico de diferentes movementos sociais, culturais e de carácter político, vinculados ao nacemento do galeguismo e de valorización da propia identidade.

Como na antigüidade, as cousas e as xentes viñeron polo mar de lonxe, e tamén se foron a través del, mesturándose co noso e removendo no alleo. A posición da cidade e a actitude da xente fixo posible que entre Mediterráneo e Atlántico (primeiro) e entre o vello e o novo continente (despois), a cidade fose un porto central na primeira liña de escala das ideas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión