Concello da Coruña

Concello da Coruña

Comercio

A relación de Elviña co mundo mediterráneo

As primeiras evidencias de interacción entre Elviña e outras culturas documéntanse arredor do s. V a.C., con materiais que proceden desde Gadir (Cádiz) e dos que destaca a existencia de ánforas de viño. O predominio do comercio gaditano e das ánforas de viño guiará o comercio con Elviña durante toda a súa ocupación.

O fluxo de materiais máis destacado sitúase entre os séculos III e I a.C., coincidindo co período de apoxeo do poboado. A presenza destes materiais non só sinala a relevancia das interaccións con outras comunidades, senón un fito excepcional no campo das dinámicas comerciais do territorio galaico: hoxe en día, Elviña é o único nodo de interacción existente ao Norte do Ulla que establece unha interacción sólida cos navegantes mediterráneos durante a Idade do Ferro (coa excepción do castro asturiano de Campa Torres). Da mesma forma, as ánforas de viño representan a maioría dos elementos identificados, a pesar de que tamén se documentan recipientes de produtos exóticos (como os froitos secos) e recipientes de uso relixioso, sen esquecer as cerámicas finas de servizo de mesa. De entre estas, destaca a introdución da cerámica campaniense, cuxa área de produción orixinal era a Península Itálica e a illa de Sicilia, pero que puideron chegar, tamén, de forma indirecta a través dos navegantes gaditanos.

Boa parte destes materiais chegaba a través do espazo portuario identificado na península coruñesa. Este enclave non só supoñía un espazo de chegada e intercambio de materiais, senón tamén de consumo, pois a actividade comercial non só implicaba intercambiar bens, senón tamén ritos relixiosos, grandes banquetes e actos de carácter colectivo.

Tras a conquista romana, Elviña experimentou unha certa decadencia e as importacións canalizaríanse cara o novo asentamento de Brigantium . A conquista romana e o asentamento dun poboado de nova planta implicarían cambios na elección do gusto, coa chegada de ánforas olearias e de salgaduras, que reducirían o peso porcentual que anteriormente copaban as de viño case por completo. No referente ás cerámicas finas, destaca a importación de cerámica de paredes finas, engobada lucense e, por suposto, terra sigillata.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión