Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Castro de Elviña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Plan Director

O Plan Director

Unha mirada ao futuro do xacemento

En 1998 comeza a elaborarse o Plan Director do Castro de Elviña, un amplo documento elaborado por un equipo de traballo integrado por 42 especialistas e técnicos de distintas disciplinas: persoal de Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe, arqueólogos, arquitectos, historiadores, geógrafos, sociólogos, economistas, edafólogos, palinólogos, botánicos, enxeñeiros de obras públicas, comunicólogos, deseñadores e informáticos.

Este documento foi inspirado por unha nota manuscrita do propio Luís Monteagudo, que reza "O val de Elviña e a inmediata meseta de Monte dás Arcas [...] conteñen un conxunto de valores suficientes para encumbrar a Coruña á categoría de Cidade Histórico-turística europea de primeira orde coas consecuentes vantaxes económicas e superior valoración cultural".

O Plan Director senta as bases dun plan conxunto que, ademais do arqueolóxico, abarca a perspectiva social, estética, cultural e económico-turística do xacemento, facendo fincapé na restauración e acondicionamento do castro e a súa contorna, a mellora dos accesos e a debida exposición dos materiais achados nel.

O Concello da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela asinan en setembro de 1998 un convenio co fin de que esta desenvolva o Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, con financiamento, asesoramento e criterios emanados desde os servizos técnicos municipais.

Horario de verano

(1 de julio - 30  de septiembre)

Sábados y domingos a las 12:00 h

Del 1 al 31 de julio también los Jueves a las 21:00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

  • Concello da Coruña
  • Deputación da Coruña
  • Museo arqueolóxico e histórico Castelo de Santo Antón
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?