Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Proxecto Artabria

Abrindo novas perspectivas (2002-2009)

Entre 2002 e 2009, o Concello da Coruña e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón puxeron en marcha o Proxecto Artabria. Seguindo algunhas das liñas mestras indicadas no Plan Director, este plan estaría enfocado na conservación, recuperación e difusión do Castro de Elviña. Este período supoñería o auxe do Castro en termos de investimento económico, pois nunca contou (nin volveu contar) cun apoio institucional e monetario de tal calibre. Os traballos foron realizados baixo a dirección de José María Belo Diéguez, por aquel entón director do Museo de San Antón.

Os traballos arqueolóxicos centráronse en 2002, coa formulación de distintas sondaxes lonxitudinais de gran extensión ao longo do castro: na área norte e oeste da muralla da croa, nos límites das últimas terrazas da zona sur, na zona oeste da segunda terraza e na área suroeste da croa. Esta diversidade nas intervencións permitiu documentar un espazo habitado maior do esperado e obter unha perspectiva máis ampla e xeneral do castro.

En 2003, os traballos centráronse na área suroeste da croa, incluíndo o seu acceso e a área suroeste da primeira terraza, continuando os traballos nesta mesma área durante 2004. Fai falta sinalar a documentación dun notable acceso monumental, definido por dous torreóns encostados á muralla e un camiño pavimentado, así como varias vivendas, entre as que destacan un conxunto doméstico particularmente amplo con varias estancias e un sistema de drenaxe subterránea.

En 2005, os traballos desprazáronse desde a área de escavación de 2004 en dirección este, exhumando o lenzo de muralla que quedaba por escavar e documentado unha área de produción metalúrxica en mal estado de conservación. Non contamos con demasiados datos dispoñibles sobre as campañas de 2006 e 2007: só sabemos que se continuaron os traballos na área suroeste do xacemento, exhumando novas estruturas na croa, e tamén na área sur, nos límites da terceira terraza.

Este feito permitiu realizar a última intervención ao amparo do Proxecto Artabria, en 2009, baixo un convenio entre o Ministerio de Fomento e o Concello da Coruña. Esta campaña centrouse en exclusiva na zona sur e permitiu documentar unha ampla secuencia ocupacional nesta área, con múltiples fases de uso e abandono.

De forma complementaria, estes traballos foron combinados con actividades de mantemento e limpeza vexetal, así como cunha prospección geofísica e electromagnética realizada pola Universidade de Vigo. Tamén se realizaron traballos de consolidación e restauración nun pequeno sector na banda oeste da muralla da croa e no interior do seu espazo habitacional, optando por non reconstruír outras estruturas exhumadas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión