Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Castro de Elviña

Situación física

Situación

Vista aérea do castro e da súa contorna

Dominando terra e mar

O castro de Elviña está situado nun montículo de 115 metros, asociado aos montes da Zapateira, que dominan o acceso á península coruñesa desde as terras do interior. Foi construído nunha posición estratexicamente avantaxada: sobre un cerro, illado no centro do val e dominando un amplo horizonte desde o que se controla toda A Coruña.

Conta con numerosas terras de labradío, nunha contorna moi apta para a agricultura e a gandería, que o converten nunha localización idónea para a subsistencia dunha sociedade agrícola como o foi a castrexa. Hoxe en día, aínda se estenden por el terrazas de cultivo ben estruturadas e comunicadas co castro que poderían datar mesmo da dita época, como indican os topónimos da zona: maceiras, viñas, sobrado, souto, grelas, fontenla...

A ría que nace aos seus pés ofrece boas características para a navegación de navíos dedicados ao comercio a longa distancia, bos portos e fondeadoiros, e constitúe ademais a saída máis cómoda cara ao mar dunha zona que presentou unha considerable ocupación castrexa.

Situación

Vista aérea do castro e da súa contorna

Ademais, é unha das escasas zonas das Rías Altas nas que é posible desenvolver unha navegación interior e a súa situación central dentro do territorio ártabro favorecería a chegada de produtos mineiros procedentes do interior desta zona, como o ouro das concas de Anllóns e Mero, da área de Prior e Valdoviño ou do estaño de Arteixo e Bergantiños.

Situación simbólica

Oppidum

Fotografía aérea do castro de Elviña

De castro a citania romana

A comezos da II Idade do Ferro, a paisaxe do noroeste peninsular debúxase sobrecargada de castros de pequenas dimensións, e cambia a finais do século II a.C. na franxa meridional de Galicia e o norte de Portugal, para pasar a ser parte da administración romana do convento Bracarense.

Nesta época, asistimos a unha serie de transformacións que propician que certos castros amplíen a súa superficie habitable de forma considerable: crecendo as liñas de muralla, creando novos recintos, chans pavimentados, sistemas de rede de sumidoiros, construíndo espazos colectivos...

Oppidum

Fotografía aérea do castro de Elviña

Estes poboados extensos son denominados citanias, oppida ou protocidades e pasaron a funcionar como lugar estratéxico e central con respecto aos castros da contorna. Convertéronse en lugares que concentraron diversas funcións de carácter económico, social, político e relixioso, e sitúanse sempre cunha avantaxada posición sobre as vías de comunicación.

O castro de Elviña destaca por ser o único oppidum ou castro fortaleza que se coñece na parte norte do territorio dos galaicos, no que exercerá grande influencia como punto de comunicación entre o porto e o interior, principalmente cara á cidade romana de Lugo.

Oppidum

Fotografía aérea do castro de Elviña durante as intervencións

A súa localización converteuno nun punto de encontro de xentes doutros castros da contorna, visitantes procedentes de lonxe, comerciantes, soldados e os propios residentes do castro, que acudirían a mercar e vender produtos e obxectos, concertar tratos de diverso tipo e celebrar cerimonias relixiosas e ritos de paso, como vodas ou funerais.

Algunhas tendencias sinalan estes cambios como o resultado da influencia directa de Roma, mentres outras atribúenas ao propio desenvolvemento das comunidades indíxenas.

  • Oppidum

Horario de verano

(1 de julio - 30  de septiembre)

Sábados y domingos a las 12:00 h

Del 1 al 31 de julio también los Jueves a las 21:00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

  • Concello da Coruña
  • Deputación da Coruña
  • Museo arqueolóxico e histórico Castelo de Santo Antón
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?