Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Castro de Elviña

O proxecto

O proxecto

Hai máis de 50 anos que Luis Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, se atreveu a escavar no castro de Elviña, un xacemento arqueolóxico ata entón practicamente descoñecido, situado nos dominios dos antigos ártabros.

Tras anos de intervencións, seguimos querendo que a visita a Elviña sexa diferente, que a persoa visitante siga sabendo o que está a ver, explicándolle o que, o cando, o como e o por que do que ten diante dos seus ollos. No intento de transcender a visita tradicional, deseñamos un tipo didáctico no que intentar dar resposta á curiosidade sobre este xacemento, que nos permita coñecer a súa historia, comprender e valorar como se chegou a ela pero, sobre todo, revalorizar un xacemento tan importante para a historia da cidade da Coruña.

Neste apartado podes consultar toda a información técnica sobre as distintas campañas de intervención realizadas no xacemento, ademais de achegarte ás distintas actuacións que se desenvolveron nel ao longo da súa historia.

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

  • Concello da Coruña
  • Deputación da Coruña
  • Museo arqueolóxico e histórico Castelo de Santo Antón
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?