Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2016

Itinerario formativo destinado a persoas emprendedoras e/ou empresas de nova creación

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 15 de febreiro ata completar prazas por rigorosa orde de inscrición.

Hoxe comeza o prazo de inscrición para participar no noso Itinerario Formativo destinado ás emprendedoras e emprendedores que teñen en mente iniciar un proxecto empresarial ou que o iniciaron recentemente.

A inscrición é gratuíta pero debe formalizarse a través do documento adxunto a esta noticia. O documento debe enviarse escaneado ao correo electrónico concejalía.empresa@coruna.es ou tamén pode formalizarse chamando ao 981 184 399.

Os obradoiros que se impartirán son os seguintes:

  • Obradoiro de Plan de empresa [16 horas]: técnicas máis acomodadas para expoñer a nosa idea en forma de proxecto empresarial co obxectivo de que se transmitan tanto os coñecementos sobre o negocio, como a solidez e rendibilidade.
  • Obradoiro de Financiamento [4 horas]: fórmulas existentes no mercado para financiar o noso proxecto da forma máis rendible, así como os procedementos que regulan a súa solicitude.
  • Obradoiro de Fiscalidade [4 horas]: información sobre as diversas formas de fiscalidade actual (Imposto da Renda das Persoas Físicas, Imposto de Sociedades, Imposto sobre o Valor Engadido…). Vantaxes e inconvenientes.
  • Obradoiro de Mercadotecnia e Técnicas de Venda [16 horas]: formación necesaria sobre coñecementos de mercadotecnia, merchandising, comercio online e todas as ferramentas necesarias para a venda e postventa dos seus produtos.
  • Obradoiro de Redes Sociais [20 horas]: formación necesaria para potenciar a nosa visibilidade, presenza e reputación online co fin de mellorar os nosos resultados comerciais (Facebook, twitter, instagram, pinterest…).
  • Obradoiro de Presenza web e de comercio [10 horas]: amosaranse as alternativas dispoñibles para crear nosa presencia web e as ferramentas idóneas para a venda online.
  • Obradoiro de Como vender o meu proxecto [6 horas]: neste obradoiro, ademais de poñer a disposición e formar ao alumnado en habilidades comunicativas, de oratoria, etc, prepárase para a presentación dos nosos proxectos empresariais.
  • Obradoiro de Recursos Escénicos e Audivisuais para Presentación de Proxectos [12 horas]: tratarase de proporcionar ás persoas participantes a experimentación e práctica de recursos procedentes das artes escénicas e o sector audiovisual co obxecto de preparar unha presentación creativa da súa empresa e/ou idea empresarial.

Documentos:

Folla de inscrición obradoiros Itinerario Formativo. (57 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión