Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2017

Proxección da longametraxe de animación ENGURRAS

A empresa Ladybug Films S.L. situada no Centro Municipal de Empresas da Grela ten o pracer de convidalo/a á proxección da longametraxe de animación ENGURRAS o vindeiro 31 de xullo ás 18.00 horas, no Salón de Actos do Centro Municipal de Empresas da Grela.

A continuación terá lugar unha charla con Ángel de la Cruz, guionista e produtor executivo do proxecto, na que nos contará como foi o proceso de produción da longametraxe e responderá a todas as preguntas e dúbidas que se formulen.

ENGURRAS é unha longametraxe de animación producida na Coruña que narra unha historia de amizade entre dous anciáns que están nunha residencia e un deles nas primeiras fases do Alzheimer.

ENGURRAS ten innumerables galardóns e é recoñecida con premios nacionais e internacionais. Invitación que traslado a todos vós por iniciativa da empresa LADYBUGS FILMS, S.L. situada no CME da Grela.

Pídese que confirmedes asistencia no teléfono  981 189 857 ou no correo: agrelaviveristas@gmail.com, antes do luns día 31 de xullo ás 14.00 h.

A entrada é gratuíta.

Enderezo:

Rúa Galileo Galilei 62. 15008 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión