Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas do Programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

Para empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica.

A quen vai dirixido?:

Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2018 e o 5 de agosto de 2019.

Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/07/2019 ata o 05/08/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/07/2019 ata o 05/08/2019

Remuneración / Dotación:

A contía das axudas establécese en función da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, por conta propia e por conta allea, de acordo co seguinte:

a) Liña Emprende: incentivos desde 8.000 € ata 20.000 €

b) Liña Innova: incentivos desde 12.000 € ata 20.000 €

c) Liña Activa: incentivos desde 6.000 € ata 15.000 €

d) Liña ITEF: incentivos desde 16.000 € ata 40.000 €

e) Axuda complementaria Concilia:

  • Concilia-promotoras: incentivo de 3.000 €
  • Concilia-persoas traballadoras por conta allea: incentivos desde 1.000 € a 5.000 €

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190705/AnuncioG0244-260619-0001_gl.pdf

Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.

Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico.

Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica.

Axuda complementaria Concilia: co obxecto de promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión