Concello da Coruña

Concello da Coruña

bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial

Orde do 27 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e procédese á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300D).

A quen vai dirixido?:

Orde DOG martes 9 de xullo de 2019

Podrán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artiigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran además os seguintes requisitos:

1. Comerciantes de venda polo miúdo que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que, tendo a condición de peme conforme aos requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) persoas traballadoras e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Que estean dados de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade dos epígrafes relacionados no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

CVE-DOG: wd5zpu72-qic6-chs2-s7p9-ayzhnmyiswc5

DOG núm. 129 martes 9 de xullo de 2019 Páx. 32251

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre no epígrafe 653.1 do IAE.

2. Talleres artesáns que esteean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos talleres, terán ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no devandito rexistro.

3. As asociacións de vendedoras/es das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Para estes efectos, terán a consideración de centros comerciais abertos as agrupacións de establecementos comerciais definidas no artigo 24 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, que conten, en todo caso, cunha unidade de xestión profesionalizada e cumprirá os requisitos contidos na Orde CO300A da Dirección Xeral de Comercio e Consumo (DOG núm. 64, do 2 de abril de 2019).

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, segundo a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26 de xuño de 2014, L 187/1).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/07/2019 ata o 10/08/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/07/2019 ata o 10/08/2019

Remuneración / Custo:

09.30.751A.770.4 Ecoinnovación comercial: titorización e impulso de proxectos de sostenibilidade e medio ambiente no sector comercial: 612.409,00 €

09.30.751A.781.1 Asociacionismo comercial e servizos para pemes comerciais: 225.000,00 €

Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou de créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedasrá condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito a consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da previa aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión