Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos que teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de careceren deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización contraten unha persoa traballadora por conta allea.

Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/05/2019 ata o 30/09/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/05/2019 ata o 30/09/2019

Remuneración / Dotación:

O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, con un máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo polo tanto o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190516/AnuncioG0424-300419-0004_gl.pdf

Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento. Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión