Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial

Execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1.- Comerciantes de venda polo miúdo que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social en Galicia.
  • Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 50 traballadoras/es e non teñan a consideración de gran establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
  • Que estean dados de alta nalgún dos epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade dos epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
  • Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre no epígrafe 653.1 do IAE.

2.- Talleres artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos talleres, terán ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no devandito rexistro.

3.- As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva en Galicia.

4.- As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva en Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/07/2019 ata o 09/08/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/07/2019 ata o 09/08/2019

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190709/AnuncioG0424-280619-0001_gl.pdf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión