Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración

O obxecto destas subvencións é a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento (establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos) e de restauración.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/11/2019 ata o 28/12/2019

As solicitudes presentásesén obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xa rematou

Remuneración / Custo:

O investimento neto admitido será de ata 100.000 euros.

A contía da axuda é de ata o 35% sobre o orzamento do investimento subvencionable. O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 35.000 euros.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191128/AnuncioG0256-191119-0001_es.pdf

Poderán ser obxecto de subvención os seguintes investimentos:

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
  • Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión