Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

  • Inicio
  • Detalle asset Integrantes
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

INGAF, ingeniería y gestión sostenible (estancia vixente)

Enderezo:

Rúa Galileo Galilei 62.

Teléfono:

881 06 98 05

696 92 02 25

Páxina web:

http://ingaf.es/

Carmen F. Gasalla, fundadora e directora de Ingaf, ingeniería e gestión sostenible. En 2015 crea a súa propia empresa aproveitando a súa experiencia de máis de vinte anos cun obxectivo moi claro: liderar unha estrutura de profesionais aberta e flexible, adaptada ás necesidades de cada cliente no ámbito da xestión ambiental, agronómica, forestal e a sustentabilidade.

Ingaf logrou o recoñecemento da súa clientela e o compromiso das persoas que contribúen con gran profesionalidade a alcanzar as metas desexadas. Integrada por un equipo de especialistas nas materias que requiren as diferentes tipoloxías de proxecto ou xestións que resulten necesarias desenvolver para satisfacer a clientela.

Esta forma de traballar permítelles incorporar as mellores tecnoloxías dispoñibles para o desenvolvemento de solucións innovadoras dentro dos seus servizos de asesoría, enxeñería, desenvolvemento de proxectos e formación nas materias nas que son especialistas.

Todo iso convérteos nunha empresa baseada nun concepto sinxelo pero moi claro: proximidade e compromiso para ofrecer solucións profesionais e de calidade adaptadas a cada cliente.

Compromisos: garanten o cumprimento das esixencias lexislativas, orientan a súa organización cara a unha equilibrada xestión sustentable, minimizan os riscos empresariais, reducen os custos de xestión de infraestruturas e equipos, deseñan solucións en tres áreas:

Ambiental: plans de control, sistemas de xestión de riscos ambientais e ecoindicadores, due diligence de activos inmobiliarios

Agronómica e forestal: ordenación de montes, proxectos de explotación, valoración de bens no medio agrario, autorizacións de construcións agropecuarias, seguridade na cadea alimentaria

Sustentabilidade: eficiencia enerxética, plans de mobilidade, responsabilidade social empresarial e custodia do territorio

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
empresa@coruna.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?