Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

  • Inicio
  • Detalle asset Integrantes
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

INGEOVAL (HISTÓRICO)

Quen somos

INGEOVAL é unha consultoría de enxeñería topográfica, xeomática, valoracións e eficiencia enerxética aplicados aos ámbitos da enxeñería, arquitectura e industria, propiedade e xestión do territorio.

Somos unha empresa implantada na Coruña, con vocación de servizo global. O noso ámbito de actuación esténdese a nivel nacional e internacional. "Experiencia, calidade, innovación, atención personalizada, prezos competitivos e solidariedade son algúns dos motivos de por que pode elixirnos". Os nosos 15 anos de experiencia no sector aválannos.

INNOVACION: é unha das consignas da nosa empresa. Utilizamos os últimos avances en captura de datos do territorio: láser, escáner terrestre, UAV´s (vehículos aéreos non tripulados). COLABORADORES: contamos cun amplo abano de profesionais colaboradores que nos permiten acometer proxectos de calquera envergadura. CONFIANZA: é o que pretendemos xerar nos nosos clientes; e para iso desde un primeiro momento asesorámolos de maneira personalizada. SOLIDARIEDADE: desde o inicio da nosa andaina queremos ter moi presente esta palabra. É por iso que destinaremos unha parte dos nosos beneficios a obras e proxectos solidarios.

Liñas de negocio

Topografía clásica - catastro - valoracións - eficiencia enerxética: levantamentos topográficos, informes técnicos e periciais relacionados coa propiedade do solo, corrección de discrepancias catastrais, segregacións, valoracións inmobiliarias, certificación enerxética.

Topografía aplicada a enxeñería - arquitectura - industria: realizamos calquera tipo de traballo e proxecto topográfico de precisión en enxeñería civil, arquitectura e fabricación industrial. Seguimento topográfico e control xeométrico en fases de proxecto e execución de obra. Temos ampla experiencia en deseño e control de infraestruturas viarias.

Ausculación e monitoraxe: implantamos sistemas de auscultación e control de deformacións en infraestruturas, zonas urbanas e contorna natural.

Novas tecnoloxías en xeomática (escáner láser, vehículos aéreos non tripulados - drons mini-uav´s -): topografía 3D con Laser Scanner. Fotografía aérea e cartografía con UAV´s (vehículos aéreos non tripulados).

Formación técnica: nos ámbitos da xeomática, topografía, enxeñería civil.

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
empresa@coruna.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?