Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

  • Inicio
  • Detalle asset Integrantes
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

SigueTuLiga (HISTÓRICO)

Quen somos

A empresa Trinquel Internet S.L. desenvolve a súa actividade no sector internet e, actualmente, explota o sitio web www.siguetuliga.com.

SigueTuLiga é unha plataforma social de deportes que se centra nas ligas máis modestas: a túa liga de fútbol, na que xoga o teu pobo; a túa liga interna de fútbol sala de empresa ou universidade; ou, por exemplo, o teu torneo de pádel entre amigos.

O seu funcionamento baséase na autoxestión. Son as persoas usuarias quen crea e administra todo o contido, mediante un sistema de votación baseado no rango de cada usuario. A propia comunidade, a plataforma e o mecanismo que a fai funcionar, permiten unha publicación fiable e moi rápida de toda a información, o que leva a unha fidelización total do usuario.

SigueTuLiga cobre o baleiro de información existente, tanto en medios en liña como offline, relacionada coas ligas deportivas locais ou de afeccionados.

Podes ver os nosos vídeos promocionais:

Servizos para persoas usuarias

  • Ligas rexionais, categorías inferiores, competicións internacionais
  • Resultados en tempo real
  • Fotos e vídeos en tempo real
  • Aplicación móbil
  • Terreos de xogo integrado con Google Maps que permite a súa xeolocalización
  • Mercado de fichaxes
  • Xogos sociais
  • Xogadores
  • Adestradores
  • Directivos
  • Afeccionados
  • Foro de debate

Liñas de negocio

  • Publicidade: a plataforma web e móbil Siguetuliga.com é ideal, tanto para campañas de pequenos anunciantes locais como para grandes anunciantes, debido ao perfil moi focalizado da persoa usuaria e a información que na plataforma se mostra, sempre de rexións e zonas xeolocalizadas.
  • Tenda en liña: produtos e servizos pensados para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios activos: botas de fútbol e de fútbol sala, material deportivo para equipos, entradas de partidos, sesións de fisioterapia,...
  • Sitio web de clubs: todo club deportivo quere ter a súa propia web e, ademais, que estea actualizada e sexa útil para membros do club, xogadores ou afeccionados. Siguetuliga.com pon á súa disposición unha plataforma web e móbil personalizada, sen preocuparse das actualizacións, simplemente deben utilizala para mellorar o día a día no seu club.
  • Plataforma social para fotógrafos: todos queremos que nos saquen fotos xogando, e se encima son profesionais... perfecto. Con esta sección, Siguetuliga.com pon en contacto a fotógrafos profesionais deportivos coa súa clientela potencial: os xogadores retratados. Cada cliente pode ter a súa propia foto impresa na casa a un custo adaptado a calquera peto.
  • Organización de torneos: plataforma para publicar, xestionar e dar visibilidade ao teu torneo. Con esta ferramenta as entidades organizadoras teñen as seguintes vantaxes: xestión e pago de inscricións, organización de grupos e horarios, seguimento a tempo real a través de aplicación móbil multiplataforma, visibilidade, ferramenta social para as persoas participantes e contacto con grandes patrocinadores que minimicen os custos do torneo.

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
empresa@coruna.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?