Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

  • Inicio
  • Detalle asset Integrantes
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

What Cosmetics (HISTÓRICO)

QUEN SOMOS

WHAT COSMETICS deseña e desenvolve produtos de cosmética profesional creados para o seu fácil e cómodo transporte no seu uso diario.

Ademais, é a primeira empresa especializada en produtos cosméticos de mobilidade con formatos portables e doses unitarias. Produtos profesionais integramente deseñados e fabricados en España adaptados aos hábitos de vida actuais.

Cosmética para levar comodamente encima e poder usar ao longo do día en calquera momento e contexto, para levar ao ximnasio ou a actividades deportivas; en viaxes, sen problemas de volumes de líquidos en cabina e sen ocupar espazo na maleta, no contexto laboral ou de lecer, celebracións ou en calquera momento que se desexe.

WHAT COSMETICS ofrece tamén o deseño a medida da liña de hixiene persoal, cosmética e artigos de acollida para o aseo, destinados ao sector hoteleiro, hostaleiro e organizadores de eventos entre outros, desde a forma de presentación ata as especificacións de cada produto.

LIÑAS DE NEGOCIO

Cosmética de mobilidade

WHAT COSMETICS leva a formatos de peto os produtos cosméticos de uso diario máis estendidos e utilizados. Os formatos monodose están deseñados para ser levados comodamente encima, en calquera neceser, bolso, carteira ou peto e ser utilizados no momento que se necesiten.

  • Xel fixador unisex.
  • Crema de peiteado hidrante
  • Laca de peiteado.
  • Desodorizante spray sen gas.

Solucións para o sector hoteleiro e hostaleiro

WHAT COSMETICS ofrece ao sector hoteleiro e hostaleiro a liña de hixiene persoal, cosmética e de produtos de acollida para aseos, desde a liña básica esixida por lexislación ata calquera produto deseñado a medida para o establecemento. Entre outros:

- Liña cosmética:

  • Xabrón de mans en pastilla. En diversas gramaxes e formatos
  • Xabrón de mans líquido.
  • Xel corporal e xampú.
  • Crema de mans, crema para o corpo e acondicionador para o cabelo.
  • Complementos de acollida:
  • Set dental, set de afeitado, peite, gorro de baño, lustrazapatos e outros complementos de acollida.

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
empresa@coruna.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?