Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

  • Inicio
  • Detalle asset Integrantes
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

WORKING CAPITAL S.L. (ESTANCIA VIXENTE)

Working Capital Corporate Finance nace como unha empresa especializada para prestar servizos de consultoría a medida e de calidade para sociedades en busca de solucións financeiras. Propoñemos e executamos estratexias eficaces para os problemas corporativos e financeiros da empresa.

Os nosos xerentes, especialistas en finanzas corporativas, forman equipos de traballo cos directivos das compañías para realizar operacións puntuais na que non teñen experiencia previa, ou para xestionar temporalmente empresas en crise.

LIÑAS DE NEGOCIO

1.- Asesoramento en transaccións

  • Fusións e adquisicións
  • Venda de empresas
  • Restruturacións accionariais
  • OPVs
  • Valoración de empresas

2.- Procura e estruturación de financiamento

  • Procura de socios industriais e/ou financeiros. Operacións privadas de capital e case capital.
  • Procura de financiamento público (ENISA, COFIDES ...) e xestión de axudas oficiais.
  • Colocación de participacións empresariais en mercados de capitais e emisións de débeda.
  • Asesoramento na procura de financiamento bancario e optimización da estrutura financeira.
  • Reestruturacións empresariais e refinanciamento de débeda.

3.- Asesoramento estratéxico e financeiro

  • Interim Management / dirección financeira externa.
  • Asesoramento a consellos de administración e comités de eirección. Elaboración de informes periódicos de xestión.
  • Xestión temporal de empresas. Xestión de crises empresariais e deseño de plans operativos de viabilidade e redución de custos para transformar negocios de baixa rendibilidade.
  • Elaboración e implantación de plans de negocio, orzamentación e control de xestión, elaboración de contas analíticas e cadros de mando financeiros previsionais, sistemas de reporting, etc.
  • Avaliación e optimización de procesos de expansión e internacionalización. Análise das necesidades de financiamento.
  • Diagnostico económico-financeiro e sondaxe prevaloración.

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
empresa@coruna.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?