Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de subvencións para o apoio e a consolidación de empresas no concello da Coruña (concurrencia non competitiva)

Subvencións para iniciativas empresariais emprendidas no ámbito do concello da Coruña, de carácter privado

A quen vai dirixido?:

Iniciativas empresariais emprendidas no ámbito do concello da Coruña, de carácter privado, validamente constituídas de maneira individual ou a través de microempresas con personalidade xurídica, independentemente da súa forma xurídica, que á data de publicación da presente convocatoria (20/03/2019) teñan un mínimo de 2 anos e un máximo de 5 anos de exercicio continuado da actividade

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/03/2019 ata o 22/04/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/03/2019 ata o 22/04/2019

Remuneración / Custo:

Poderán ser subvencionables ata un máximo das 10 últimas cotas efectivamente abonadas, consecutivas e inmediatamente anteriores á data de publicación da presente convocatoria, da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, presentadas e abonadas por todas e cada unha das persoas socias participantes da empresa (de ser o caso) de alta no réxime correspondente, sen que o importe máximo destas axudas poda superar a contía de 3.000 euros para cada persoa, física ou xurídica, beneficiaria.

Páxina web:

http://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/444197

Subvencionarase, a fondo perdido, a cota correspondente ao réxime especial de traballadores autónomos, calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade social, ou de mutualidade de colexio profesional correspondente, tomando como referencia a base mínima de cotización que corresponda, vixente en cada momento e cuxa cota nonteña sido obxecto de redución nin bonificación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión