Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro Municipal de Empresas

Formación

Formación

No Centro Municipal de Empresas ofrécese formación, seminarios e conferencias aos emprendedores/as alí instalados/as.

Ademais desta formación dirixida ás empresas do centro, realízase outra conxuntamente con outros futuros emprendedores/as na procura da idea empresarial e na consolidación da idea de negocio.

A continuación pode consultar toda a formación vixente e histórica que ten lugar dentro do Servizo de Emprego e Empresa desta concellería:

Cursos de formación para emprender vixentes

  • Taller de Fiscalidade

    Cando:

    Dende o 18/02/2019 ata o 18/02/2019, os luns

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 13/02/2019

    Horario:

    De 9:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer as diferentes formas de fiscalidade actual, coñecer as vantaxes e inconvenientes de cada un dos conceptos fiscais, entender cal é a estrutura do Sistema Tributario español e os impostos derivados do emprendemento e a actividade empresarial.

  • Taller de Márketing e técnicas de venda

    Cando:

    Dende o 26/03/2019 ata o 29/03/2019, os luns, martes, mércores, xoves e venres

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 21/03/2019

    Horario:

    De 09:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo aprender os conceptos máis importantes do márketing, merchandising e comercio en rede, coñecer as ferramentas innovadoras no campo do márketing e o mundo da venda, coñecer as distintas ferramentas de venda e posvenda de produtos, aprender conceptos claves relacionados coa innovación e a creatividade aplicados á experiencia de compra da persoa cliente e analizar a importancia das novas ferramentas de conexión e comunicación coa clientela e resto de “stakeholders” nos ámbitos do “socialmedia”.

  • Taller de Plan de empresa en liña

    Cando:

    Dende o 28/01/2019 ata o 16/02/2019

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 22/01/2019

    Horario:

    En liña

    O taller ten como obxectivo recoñecer a importancia de elaborar un plan de empresa para desenvolver a idea de negocio como ferramenta de éxito para a persoa emprendedora, coñecer e aplicar as cuestións técnicas fundamentais para un adecuado plan de empresa tendo en conta cuestións financeiras, comerciais, operativas, necesidades de soporte e estrutura, etc., coñecer as posibilidades para un mellor desenvolvemento da idea de negocio e toma de decisións anticipadas para garantir o éxito, manexar ferramentas que axuden a estruturar as decisións estratéxicas tácticas e operativas, recoñecer a importancia do plan de negocio para a procura de financiamento.

  • Taller de Presentación de proxectos

    Cando:

    Dende o 21/03/2019 ata o 25/03/2019, os luns, xoves e venres

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 20/03/2019

    Horario:

    Xoves e venres:10:00-13:30. Luns: 10:00-13:00 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    O taller ten por obxecto coñecer os aspectos máis importantes sobre habilidades comunicativas, saber como ter seguridade ao presentar un proxecto, saber como facer chegar as ideas, aprender a manter a atención e interese do público con ou sen soportes, saber reaccionar durante os intercambios coa improvisación, coñecer os puntos clave da oratoria e saber como presentar un proxecto de maneira convincente e eficaz.

  • Taller de Elaboración de estudos de mercado

    Cando:

    Dende o 11/02/2019 ata o 13/02/2019, os mércores, xoves e venres

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 06/02/2019

    Horario:

    Mérc. e xo: 10:00-13:30 / V: 10:00-13:00

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer e aplicar diversas fontes de procura de datos relacionados co estudo de mercado, coñecer as características básicas e as súas variables para unha adecuada análise, manexar ferramentas que permitan facer predicións adecuadas e proxeccións e recoñecer a importancia do estudo como punto de partida para un proxecto de viabilidade contrastada.

  • Taller de Financiamento

    Cando:

    Dende o 14/02/2019 ata o 15/02/2019, os xoves e venres

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 11/02/2019

    Horario:

    De 9:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer as diferentes fórmulas existentes no mercado para financiar un proxecto da maneira máis rendible, coñecer os procedementos que regulan a solicitude dos diferentes modos de financiamento e saber os procedementos e aspectos máis importantes da negociación bancaria.

  • Taller de Novas tecnoloxías, redes sociais e innovación tecnolóxica

    Cando:

    Dende o 04/03/2019 ata o 18/03/2019, os luns, martes, mércores, xoves e venres

    Formación de luns a venres. O día 5 é festivo, non hai clase.

    Inscricións:

    Dende o 26/12/2018 ata o 26/02/2019

    Horario:

    De 10:00 a 13:00 h

    Enderezo:

    Rúa de los Fuertes (Monte de San Pedro) s/n, bajo. 15011 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo ver os elementos TIC aplicables ao negocio así como as Apps de xestión e produtividade máis interesantes na actualidade.

Resultados: 7

  • 1 Páxinas
  • 1

Cursos de formación para emprender histórico

  • 2018 Obradoiro de mentorización

    Cando:

    Dende o 01/09/2018 ata o 30/11/2018

    O programa desenvolverase nos meses de setembro, outubro e novembro de 2018, durante os cales terán lugar as sesións individuais cos mentores e mentoras asignados (aproximadamente dúas sesións mensuais de 2 horas).

    Inscricións:

    Dende o 23/07/2018 ata o 17/08/2018

    Para facer a vosa solicitude debedes cubrir o formulario adxunto que deberedes enviar, xunto co voso CV ao enderezo: empresa@coruna.es

    Para calquera dúbida poñédevos en contacto a través do correo indicado ou chamando ao 981 184 399.

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este programa ten como obxectivo facilitar a consolidación de iniciativas empresariais de recente creación, e pon á vosa disposición un equipo de mentores e mentoras expertos nas áreas transversais comercial, financias e xestión.

  • 2018 Taller de habilidades comunicativas

    Cando:

    Dende o 12/11/2018 ata o 23/11/2018

    O taller impártese do 12 ao 23 de novembro, de 10:00 a 13:00 de luns a venres.

    Inscricións:

    Dende o 10/09/2018 ata o 08/11/2018

    Horario:

    L a V de 10:00 a 13:00 h

    Enderezo:

    Rúa Hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

    Este taller ten por obxectivo coñecer os elementos básicos implicados na comunicación, as barreiras que podemos atopar, así como as técnicas existentes para mellorala, aprender a comunicarse de maneira fluída, clara, segura e expresiva, saber eliminar as tensións para poder expresarnos de maneira fluída, coñecer cales son os elementos clave para xerar impacto e influencia e adestrar as técnicas máis avanzadas da oratoria para conseguir que cada presentación sexa unha oportunidade estratéxica para transmitir, motivar e convencer, logrando o compromiso e satisfacción da audiencia, etc.

Resultados: 3

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Contacto

Teléfono:
981 189 857
Fax:
981 189 857
Correo electrónico:
empresa@coruna.es

Localización

Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela). Rúa Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña.

Google+

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?