Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Émesis

A sala Plataforma14 situada no edificio Forum Metropolitano da Coruña, acolle a mostra expositiva Émesis, baixo a autoría do Colectivo Musgo. Trátase dun grupo integrado por artistas, deseñadores/as e restauradores/as que emerxe a inicios do ano 2017 como un colectivo artístico e vinculados por uns ideais como o rescate e achegamento de valores naturalistas á sociedade, ou o cuestionamiento do papel do individuo fronte ao medio natural.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/07/2018 ata o 31/07/2018

Xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

Émesis é unha mostra artística madura que pretende xerar a reflexión do público asistente sobre as relacións entre a tríada que forman "Individuo/a - Sociedade - Contorna"; e cuxa posta en escena efectúase mediante a obra gráfica presentada sobre papel, por medio de: serigrafía, acuarela, debuxo a tinta ou fotografía.

Colectivo Musgo está formado por: Pablo Barrio Tena, Zelia González Calle Ulises Martínez Cabrera, Guillermo Menéndez Quirós, Manuel Prados Ledantes e Marta Marín Pérez como comisaria.

A exposición abrirase ao público o xoves 5 de xullo ás 19:00 horas.

A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión