Inauguración da exposición “Observatorio do instante” na sala Plataforma14.
Para público en xeral
Dende o 06/09/2019 ata o 30/09/2019
Xa rematou
de luns a venres de 9.00 a 21.00 h e sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Observatorio do instante", que recolle os traballos da artista coruñesa Lidia Carrión.
A exposición está formada por 14 lenzos de técnica mixta de diferentes tamaños, un rolo de lenzo sen enmarcar e sen bastidor, un rolo de papel realizado na rúa con bosquexos de tinta chinesa e 8 bosquexos de figura humana a lapis.
A artista partindo da pintura impresionista e da mirada flaneur modernista, trata de reflexar o instante dentro dun contexto urbán, valéndose da captación do movemento dos viandantes a través de líneas expresivas realizadas con tinta chinesa , e deixándoo plasmado no soporte artístico como se fose fotografía instántanea.
A exposición "Observatorio do instante" inaugurarase o venres 6 de setembro ás 19:00 horas e poderase ver ata o 30 deste mesmo mes.
A sala Plataforma14, que está coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Ata o 08/05/2024
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible