Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca para o ano 2020 o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Inscripciones:

Hasta el 27/12/2019

Requisitos:

  • Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
    • No caso de experiencia laboral: Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
    • No caso de formación non formal: Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.  
  • Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  • Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
  • Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
  •  As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación, e que non os poidan xustificar mediante os documentos requiridos, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación. 

Página web:

Sede electrónica: procedemento TR305A

Contacto:

A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:

  • No Instituto Galego das Cualificacións.
    • Oficina de Emprego da Coruña-Tornos: Avda. Fisterra 227-229, 15010 A Coruña. Teléfono 981 54 68 40
  • Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    • Edificio Administrativo da Xunta, rúa Vicente Ferrer 2, 15008 A Coruña. Teléfono 981 184 901
  • Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Nos centros propios de Formación Profesional para o Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

https://ceei.xunta.gal

Publicación: DOG 27/11/2019

1.800 prazas, cun total de 6.475 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
  • Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
  • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas.
  • Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia:
    • UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
    • UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
  • Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas. 

O procedemento consta de tres fases: fase de asesoramento, fase de avaliación e fase de acreditación da competencia profesional.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?