Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Programa de axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Liña B: axuda á mocidade

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abre o prazo de presentación de solicitudes deste programa para conceder axudas ao aloxamento á mocidade menor de 35 anos, mediante o procedemento de concurrencia competitiva e con carácter plurianual.

Inscripciones:

Desde el 12/09/2019 hasta el 11/10/2019

Requisitos:

  • Persoas maiores de idade que non teñan cumpridos os 35 anos.
  • Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día do prazo de presentación de solicitudes.
  • A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de persoas estranxeiras deberán ter a residencia legal en España.
  • Os ingresos mínimos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2 veces o IPREM, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias.
  • A renda mensual da vivenda non pode superar os importes que establece a convocatoria, e que dependen do concello no que estea situada.
  • Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda, o que se acreditará cun certificado de empadroamento, no que consten, na data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.
  • A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma

Remuneración / Dotación:

Contía: 50% da renda mensual de alugamento da vivenda

Duración

  • Concederanse por un prazo máximo de 3 anos,e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021. Para poder desfrutar das anualidades do segundo e terceiro ano, deberá solicitarse a renovación anual, no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial.

Efectos económicos das axudas:

  • Naqueles casos nos que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2019, a axuda terá efectos dende o 1 de xaneiro de 2019.
  • Para os contratos asinados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019 e, en todo caso, con anterioridade á data de presentación da solicitude: a axuda terá efectos dende a data dos efectos económicos do contrato.

Procedemento: as axudas serán adxudicadas polo procedemento de concurrencia competitiva.

Página web:

Axudas ao alugamento: axuda á mocidade

Contacto:

Instituto Galego de Vivenda e Solo (A Coruña)

R/ Vicente Ferrer (Edif. Adm. Xunta) 2, 9º. 15008

Tel.: 881 88 12 58

igvs.es

Publicación:

- Bases e convocatoria: DOG 11/09/2019

- Extracto: DOG 11/09/2019

ProcedementoVI432A

Documentos:

Folleto informativo (255 KB)

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?