Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

78 resultados

  • Xornada sobre a conservación da biodiversidade mariña

    Cando:

    26/04/2024

    O CEIDA acolle, no Castelo de Santa Cruz, unha xornada sobre a conservación da biodiversidade mariña. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o movemento da Cultura Oceánica e a súa vinculación coa conservación dos océanos.

  • Ciclo de cinema "Palestina Libre"

    Cando:

    19/04/2024

    A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda continúa co ciclo de cinema para dar visibilidade ao conflito Palestino, "Palestina Libre", coa proxección da película "O conto das tres xoias perdidas" de Michel Khleifi (Palestina, 1995), unha fermosa historia de amor entre un rapaz e unha rapaza de 12 anos (V.O.S. en galego)

  • XI Festival 981United

    Cando:

    20/04/2024

    O festival de música hardcore 981United celebra este ano na Sala O Túnel (Coliseum) o seu 11º aniversario.

  • TRC Danza Primavera 2024

    Cando:

    Dende o 19/04/2024 ata o 16/05/2024

    O Teatro Rosalía de Castro presenta a edición de primavera 2024 do festival TRC Danza

  • Día internacional dos monumentos e sitios históricos 2024

    Cando:

    Dende o 20/04/2024 ata o 21/04/2024

    O 18 de abril é o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, e o Concello da Coruña celébrao cunha xornada de portas abertas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e con visitas guiadas ao Museo e ao Castro de Elviña.

  • Xoves de Achegas abril 2024 - "Intercambios Xuvenís-Oportunidades Europeas para a Mocidade"

    Cando:

    25/04/2024

    Achégate a coñecer proxectos de mobilidade para a mocidade: "Intercambios xuvenís", que forman parte do programa Erasmus+.

  • VII ciclo de concertos "Elas son Artistas"

    Cando:

    Dende o 11/04/2024 ata o 16/11/2024

    Desde abril ata novembro de 2024 desenvolverase nos oitos concellos da área metropolitana o 7º Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes "Elas son Artistas", un ciclo de concertos protagonizados por mulleres que terá lugar en diferentes espazos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

  • Campos de Voluntariado en Galicia. Verán 2024

    A Xunta de Galicia oferta no verán 2024 un total de 695 prazas en 44 campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego, Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

  • Falando a boca chea 2024

    Cando:

    Dende o 13/04/2024 ata o 20/04/2024

    Volven os monólogos ao Fórum Metropolitano co festival de narración oral "Falando a boca chea".

  • VII Ciclo de Música de Cámara no Museo de Belas Artes

    Cando:

    Os días 06/04/2024 ás 12:00 , 13/04/2024 ás 12:00 , 20/04/2024 ás 12:00

    O Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos colabora co Conservatorio Profesional de Música da Coruña no desenvolvemento do VII Ciclo de Música de Cámara no Museo que terá lugar os sábados ata o 20 de abril ás 12.00 h.

resultados 78

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión