Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

48 resultados

  • Ciclo Principal, primavera 2024

    Cando:

    Dende o 19/01/2024 ata o 25/05/2024

    Volve ao Teatro Rosalía de Castro o ciclo Principal na súa edición de primavera, unha completa programación de 12 obras teatrais de primeiro nivel con adaptacións dos clásicos "La Celestina’" e "La vida es sueño" entre os títulos destacados.

  • Exposición: "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia"

    Cando:

    Dende o 23/11/2023 ata o 07/04/2024

    O Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración coa Fundación Museo Sorolla, presenta a participación galega no proxecto expositivo "Sorolla. Viaxar para pintar ", no marco do programa “100 anos do falecemento de Joaquín Sorolla”.

  • Ciclo de xornadas 'Repensar a boa vida'

    Cando:

    Os días 30/11/2023 ás 18:30 , 25/01/2024 ás 18:30 , 14/03/2024 ás 18:30 , 25/04/2024 ás 18:30

    A Fundación Paideia organiza estas xornadas co obxectivo de explorar ideas sobre o que é unha vida boa e digna para a maioría de seres humanos, en termos sociais, políticos, económicos, emocionais e ambientais. Presenta e modera o ciclo Marga Pazos, xornalista e presentadora de televisión.

  • Corpo Europeo de Solidariedade. Voluntariado con Yes Europa

    Cando:

    Cada proxecto ten unhas datas concretas.

    O Corpo Europeo de Solidariedade é unha iniciativa da UE cuxo obxectivo é crear oportunidades para que l@s novas traballen como voluntari@s ou colaboren en proxectos que beneficien a comunidades e cidadanía de toda Europa. Yes Europa, como entidade de envío de voluntarios e voluntarias, funciona como nexo de comunicación entre as organizacións europeas que buscan participantes e l@s novas que queren viaxar e aprender noutro país.

  • Actividades Muncyt 2023-2024 | Oferta para grupos e centros educativos

    Cando:

    Dende o 01/09/2023 ata o 30/06/2024

    O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección adaptados aos distintos niveis educativos, combinados coa participación en talleres orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos que gardan relación coa colección do museo.

  • Os labirintos do cerebro

    Cando:

    Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024

    O Muncyt acolle unha exposición temporal que profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro. Nela achégasenos de modo práctico, accesible e ameno, á neurociencia. Como complemento á exposición, o museo ofrece un ciclo de conferencias que reúne unha selección de expertos que abordarán distintos aspectos do noso laberíntico cerebro para entender mellor o que somos.

  • Guía Ti Elixes! 2023

    Con motivo da realización das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas pola Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, publícase a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar o alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.

  • Atención tecnolóxica en liña na biblioteca

    Nas Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha o Servizo de Atención Tecnolóxica en liña. Unha persoa experta atenderá individualmente as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...).

resultados 48

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión