48 resultados
Dende o 05/04/2024 ata o 27/04/2024
A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta no mes de abril o ciclo de cinema "Xabier P. Docampo na memoria"
Dende o 04/04/2024 ata o 27/04/2024
A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta no mes de abril o ciclo de cinema "A outra beira"
04/05/2024
O Centro Ágora acolle unha nova edición do Festival solidario de primavera Xacarandaina. Este ano, a recadación doarase á Asociaicón Boanoite.
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
A Fundación Barrié acolle a exposición "Dioses y héroes del Barroco veneciano".
05/04/2024
O Fórum Metropolitano será o escenario dunha xornada de homenaxe ao escritor Xabier P. Docampo, organizada pola AELG, a Iniciativa Polavila+Docampo e o Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación Galega do Libro infantil e Xuvenil (GALIX) e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
O Aquarium Finisterre acolle unha exposición feita con residuos mariños. Está composta por 14 pezas escultóricas e 4 cadros colaxe creados pola asociación artístico-ambiental RetoqueRetro.
Dende o 05/04/2024 ata o 08/06/2024
O Teatro do IES Rosalía Mera acolle un ano máis a representación das obras das categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e senior da XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.
Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024
As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Dende o 06/09/2024 ata o 07/09/2024
O Porto da Coruña acolle unha nova edición do Recorda Fest, con artistas como Marlon, Álvaro de Luna, Amaral e moitos/as máis.
06/04/2024
O sábado 6 de abril terá lugar no centro Ágora a xornada "Oficios en Acción", promovida pola Asociación Galega de Artesáns no marco do desenvolvemento dos Días Europeos da Artesanía 2024, na que unha escolma de profesionais da artesanía en Galicia ofrecerán unha decena de obradoiros gratuítos, xunto con actividades de demostración de elaboración artesanal en xoiaría e talla de vidro.
resultados 48
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible