Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

37 resultados

  • Curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

    Inscricións:

    As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso.

    A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2024.

  • Microcréditos á formación

    Cando:

    A formación poderá cursarse desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de setembro de 2024 pero o seu remate e superación debe realizarse tras a data de publicación desta convocatoria (21 de novembro de 2023).

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, destínense a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empregabilidade, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.

  • Programa de Bolsas Google Fundae

    Formación gratuíta para obter os certificados profesionais de Google Soporte de tecnoloxías de información, Análise de datos, Xestión de proxectos, IT automation with Python, Márketing dixital e comercio electrónico e Ciberseguridad.

  • Diálogos de arquitectura "Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica"

    Cando:

    Dende o 28/09/2023 ata o 13/06/2024

    unha sesión ao mes

    Fundación Luis Seoane organiza o curso "Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica" co obxectivo de reinvindicar o diálogo como ferramenta para a difusión da arquitectura galega máis recente. Unha mirada curiosa e crítica á profesión para coñercer o que fixeron e que están a facer outros arquitectos, profesionais de Galicia e de fóra de Galicia, a maioría deles premiados na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

  • Programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia 2023/2024

    Inscricións:

    cada curso ten o seu propio prazo de inscrición.

    Formación para persoas desempregadas e traballadoras, tanto na modalide en liña como presencial do CNTG.

  • Programa xuvenil «La Brújula»; curso 2023-2024

    Inscricións:

    Dende o 11/09/2023

    ata final de curso, en maio de 2024.

    A Fundación María José Jove, en colaboración con ACLAD, presenta “La Brújula”, actividade gratuíta dirixida a adolescentes de centros educativos de toda Galicia con alumn@s entre 11 e 18 anos, que ten como obxectivo sensibilizar ao redor ao consumo de drogas e alcohol a través de obradoiros grupais dirixidos por especialistas na materia.

  • Formación Expert@s en Transformación Dixital na Peme

    Cando:

    Faranse varias edicións durante os dous anos de duración do programa. O primeiro curso comezará en setembro de 2023.

    Formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterán os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

resultados 37

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión