Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

251 resultados

  • Concurso de carteis "Quin Alborés-Nigranjazz 2024"

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2024

    O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis "Quin Alborés-Nigranjazz", que dende o ano 2010 está dedicado ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero que impulsou o Festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

  • Sala Filomatic: abril

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024

    A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de abril.

  • DiscoverEU

    Inscricións:

    Dende o 16/04/2024 ata o 30/04/2024

    ata as 12.00 h.

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

  • Bolsas de formación no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas"

    Inscricións:

    Ata o 25/04/2024

    19 bolsas destinadas a persoas con título de FP de grao superior ou título universitario de grao, coa finalidade de contribuír á formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico de recentemente titulados nas materias e proxectos propios do INTA, e facilitar a súa incorporación ao mundo laboral.

  • 108 bolsas do Programa Retorna Talento FP

    Inscricións:

    Ata o 13/05/2024

    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia.

  • XIV Encontro de Artistas Novos: #EAN14

    Cando:

    Dende o 25/08/2024 ata o 29/08/2024

    Inscricións:

    Ata o 24/05/2024

    ata as 14:00 h.

    O Departamento de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca 40 prazas gratuítas para a participación no XIV Encontro de Artistas Novos, un espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais

  • Listaxe provisional de grupos admitidos na quenda semestral de abril-outubro 2024 dos Locais de Ensaio

    A continuación publícanse as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril.

  • XXVI Concurso de Bandas e Solistas Cuac FM

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXVI edición do seu certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais co obxectivo de promover a cultura musical na nosa contorna e dar a coñecer proxectos que non teñan unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e da Coruña, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de toda España.

  • 1 técnica/ou analista de laboratorio ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (Emalcsa) e creación dunha bolsa de contratación

    Inscricións:

    Ata o 19/04/2024

    Emalcsa abre o prazo de presentación de solicitudes cuxo proceso de selección realizarase por concurso oposición.

  • 1 técnica/ou de laboratorio ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (Emalcsa) e creación dunha bolsa de contratación

    Inscricións:

    Ata o 19/04/2024

    Emalcsa abre o prazo de presentación de solicitudes cuxo proceso de selección realizarase por concurso oposición.

resultados 251

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión