Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
251 resultados
Ata o 26/04/2024
Procesos selectivos para cubrir unha praza de informático/a e unha praza de arquitecto/a, polo procedemento de concurso-oposición libre, e proceso selectivo para cubrir unha praza de Auxiliar Administrativo/a por oposición libre.
Ata o 30/06/2024
A Editorial Elvira convoca o 11º Certame Nacional de Relato Vigo Histórico, un concurso que ten como obxectivo fundamental dar un espazo onde expresarse aos escritores e escritoras noveis.
Ata o 24/04/2024
Proceso selectivo para ingreso no Corpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado. 15 prazas polo sistema xeral de acceso libre e oposición.
Ata o 06/05/2024
A Agrupación Cultural O Facho convoca unha nova edición do seu concurso de "Contos de Nenos para Nenos"
Dende o 22/04/2024 ata o 27/04/2024
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña organiza en conmemoración do Día do Libro, que se celebra cada ano o 23 de abril, unha serie de actividades formativas e visitas guiadas nas súas instalacións.
25/04/2024
Queres aprender ferramentas para evitar situacións de dependencias e coas que diluír enfoques equivocados que poidan afectar ao teu benestar mental? Non perdas este obradoiro do Espazo Diverso.
Ata o 22/04/2024
Probas selectivas para cubrir un total de 99 prazas do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social, polo sistema xeral de acceso libre e oposición.
25/04/2024
Concerto, no Circo de Artesáns, con cancións de José Zeca Afonso.
Dende o 22/04/2024 ata o 27/04/2024
Baixo o lema "Letras que unen, oficios que inspiran e lecturas que transforman.", as Bibliotecas Municipais organizan un completo programa para celebrar o Día do Libro, polo que dende o luns 22 ata o sábado 27 de abril a cidade converterase nunha colmea de actividades literarias dirixidas a público de todas as idades.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril de 2024, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
resultados 251
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible