Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Título Oficial de Xaponés

Nivel de estudos
Ensinanzas de idiomas
Duración
8 anos
Información xeral
As titulacións oficiais de idiomas son ensinanzas de réxime especial que se imparten nas Escolas Oficiais de Idiomas, centros públicos que dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Modalidades de estudo:

  • LIBRE: enténdese por alumnado libre aqueles que se matriculan na EOI só para relizar o exame correspondente ás probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio ou Avanzado) e obter o certificado correspondente.
  • OFICIAL PRESENCIAL: permite aos alumnos a asistencia a clase durante o curso académico, cunha duración mínima de 130 horas. Tamén teñen dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1) ou probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio e Avanzado).
Requisitos
(Para a modalidade presencial):
  • Ter 16 anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos.
  • Ter máis de 14 anos para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.

Tipos de acceso:

  • Por promoción de curso.
  • Directo por titulación.
  • Mediante realización de probas de clasificación.
  • O certificado do nivel básico dará acceo ás ensinanzas do nivel intermdedio.
  • O certificado do nivel intermedio dará acceso ás ensinanzas do nivel avanzado.
  • O título de bacharelato habilita para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato
Plano de estudos
 O título de Xaponés da Escola Oficial de Idiomas está estructurado en tres niveis:
  • Básico (Básico I, Básico II e Básico III)
  • Intermedio (Intermedio, Intermedio II e Intermedio III)
  • Avanzado (Avanzado I e Avanzado II)
Observacións
As titulacións que se poden acadar cos estudos da EOI son:
  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DE NIVEL BÁSICO (A2).
  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DE NIVEL INTERMEDIO (B1).
  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DE NIVEL AVANZADO (B2).
Máis información

Nos centros onde se imparte:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión