Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Piscina Municipal de Riazor

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 800

Fax:

981 189 803 (Servizo Municipal de Deportes)

981 189 801 (Oficina Cidade Deportiva de Riazor)

Páxina web:

www.coruna.gal/deportes

Servizos:

Adestramento de clubs

Escolas deportivas municipais de natación, mantemento acuático, recuperación funcional

Sauna, baño turco, jacuzzi

Cursos de natación para embarazadas

Servizo de guindastre para o transporte, ata a piscina, de persoas con discapacidade

Bancada con capacidade para 300 persoas

Horario:

HORARIOS DE USO LIBRE

  • Horarios de uso libre durante o curso escolar - Mañás
Luns a Venres07:45 a 9:00 horas
Luns a Venres14:00 a 16:00 horas
Sábados09:30 a 14:00 horas
  • Horarios de uso libre durante o curso escolar - Tardes
Luns, Mércores e Xoves21:30 a 22:30 horas
Martes e Venres20:15 a 22:30 horas
  • Verán:
    • Xullo e Setembro: luns a venres de 08:00 h. a 22:00 h.
    • Agosto: pechado

Prezo / Custo:

Normas para os usuarios da piscina:

  • Para acceder á piscina é imprescindible a presentación do carné ou retirar a entrada correspondente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
  • É obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como a utilización do gorro de baño.
  • Recoméndase o emprego de zapatillas de auga por motivos de hixiene, así como o uso de albornoz e lentes de natación.
  • Non se permite o emprego de colchóns, flotadores, aletas, lentes de cristal ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para os demais usuarios.
  • Respectarase en todo momento o uso da rúa asignada a cada actividade.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, así como correr pola zona de praia.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que leve risco, deberán advertilo previamente aos socorristas.
  • Ao obxecto de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións dos socorristas.
  • Os menores de 14 anos estarán acompañados dun adulto durante o uso libre da instalación.

Normativa da Piscina:

Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo, publicado no DOG nº 90 do 11 de maio de 2005. Corrección de erros, publicada no DOG nº 94 do 18 de maio de 2005.

Real Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas, publicado no BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013. Correción de erros, publicada no BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE nº 156 do 27 de xuño de 2014.

Solicitude uso instalacións deportivas municipais:

Realizarase nas oficinas de rexistro da Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva de La Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores, abonando a taxa correspondente; o seu abono poderá efectuarse tanto en efectivo como mediante cartóns.

Tarifas (2024):

Para a retirada de entradas, bonos, etc. é necesario presentar o DNI e pódense adquirir nas caixas dos rexistros de Deportes.

  • 13.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso 3,52€
  • 13.2 Abono para unha persoa física de 20 usos dunha hora en horario público 22,99€
  • 13.3 Uso exclusivo rúa por hora 22,07€
  • 13.4 Uso exclusivo piscina por hora 105,88€
  • 13.5 Actividades físicas que requiran o uso das seis cales por un período non superior a catro horas 150.01€

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión