Servizos:
Actúan como rexistros de entrada para as solicitudes, escritos e comunicacións que a cidadanía dirixa aos órganos das administracións públicas (local, autonómica e central), segundo o Decreto-lei 8/2011, do 1 de xullo, de medidas de apoio aos debedores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa (art. 27), publicado no BOE núm. 161 do 7 de xullo de 2011.
Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG núm. 196 do 13 de outubro de 2011. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 207 do 28 de outubro de 2011.
Orde do 27 de xaneiro de 2012 pola que se dá publicidade ao comezo da actividade administrativa para os efectos de rexistro xeral para a documentación dirixida á Xunta de Galicia, nos concellos da Coruña, Lugo, As Nogais, Larouco, Marín e na Deputación de Ourense, publicada no DOG núm. 27 do 8 de febreiro de 2012.
Datos de interese:
Dispoñen dun programa informático para facilitar a comunicación coas persoas con discapacidade auditiva (traduce en tempo real a linguaxe de signos).
Web: www.gataca.es
Horario do rexistro:
Inverno (setembro a xuño):
Luns a venres de 08:00 h a 14:00 h
Verán (xullo e agosto):
Luns a venres de 08:00 h a 13:30 h
Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto): luns a venres de 08:00 h a 12:30 h
Horario do servizo tradutor da linguaxe de signos:
Inverno (setembro a xuño):
Luns a venres de 10:00 h a 14:00 h
Verán (xullo e agosto):
Luns a venres de 10:00 h a 13:30 h
Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto): luns a venres de 10:00 h a 12:30 h
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible