Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Servizo Municipal de Bibliotecas

CARNÉ DE SOCIO

 

Solicitude de carné de socio

A Tarxeta Millennium é válida para acceder ao servizo de préstamo da biblioteca, simplemente é necesario activar este servizo mediante a presentación dela acompañada do DNI do titular en calquera das Bibliotecas Municipais.

No suposto de non ser titular da citada tarxeta, é necesario solicitar o carné de socio, para iso débese achegar a seguinte documentación:

Adultos:

  • Impreso de solicitude específico.
  • DNI.

Menores:

  • Impreso de solicitude específico asinado polo pai, a nai ou titor legal.
  • DNI do pai, nai ou titor legal.

A solicitude tamén se pode realizar a través da páxina web: www.coruna.es/bibliotecas, para recoller o carné, a persoa interesada debe presentarse na biblioteca que indicou na citada solicitude achegando o DNI.

 

Substitución do carné por roubo ou deterioración técnica del

No caso de que a substitución do carné se produza por deterioración técnica del, sen responsabilidade do usuario, non é necesario aboar ningunha taxa, así como, no caso de roubo, coa condición de que se presente o DNI e a correspondente denuncia.

Nestes casos tramitarase directamente na biblioteca.

Substitución do carné por neglixencia do usuario

No caso de que a substitución do carné se produza por neglixencia do usuario (perda ou deterioración física del) é necesario solicitalo por escrito nunha das oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou no Rexistro da Área Económica Municipal achegando a seguinte documentación:

A retirada do duplicado realizarase, transcorridos dez días aproximadamente, na biblioteca que o interesado indique na solicitude presentando o DNI.

 

 

 

SERVIZO DE PRÉSTAMO

O préstamo esténdese só a literatura galega.

 

Prazo do préstamo:

  • Libros: 15 días, con posibilidade de prórroga coa condición de que non fosen reservados.
  • Vídeos, CD, CD-ROM, DVD: 15 días sen posibilidade de prórroga.
  • Préstamos a entidades (colexios, asociacións, etc): un mes.

 

Solicitude prórroga do prazo do préstamo:

  • A prórroga poderase tramitar por teléfono ou presencialmente con anterioridade ao vencemento do prazo previsto.
  • Prorrogarase unha soa vez, resultando o prazo máximo do préstamo dun mes.
  • Para a prórroga será necesario o número de socio.

 

 

NORMATIVA

Lei 17/2006 do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia, publicada no BOE núm. 39 do 14 de febreiro de 2007.

Lei 10/2007 do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas, publicada no BOE núm. 150 do 23 de xuño de 2007. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 224 do 18 de setembro de 2007.

Lei 5/2012, de 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, publicada no DOG núm. 122 do 27 de xuño de 2012 e no BOE núm. 161 do 6 de xullo de 2012.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión