Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Nocturnia outubro-decembro 2019. Programa de ocio alternativo

Nocturnia é o programa de ocio para a xuventude do Servizo de Mocidade da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación. Tenta ofrecer unha serie de actividades gratuítas para que a xente nova, de entre 12 e 30 anos, as teñan en conta á hora de planificar as súas fins de semana.. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas, etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.

Cuándo:

Desde el 25/10/2019 hasta el 14/12/2019

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalle un ollo a todas as actividades (descarga o . pdf con la programación completa )

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.

OLLO! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.

4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cumprimentados serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( descargar aquí ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Inscrición nas actividades desde o 18/11/2019 ás 16.00 h. ata o 21/11/2019 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.

Actividades do 22 e 23 de novembro:

ACTÍVATE AO TEU RITMO

Escalada en rocódromo

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 20.00 a 23.00 h.
  • Frontón de Riazor.

Quidditch iniciación

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 22.00 a 23.50 h.
  • Frontón de Riazor.

Relaxación, conexión e consciencia

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 21.15 a 23.00 h.
  • Palacio de Deportes de Riazor.

CREA, COÑECE E IMAXINA

Introdución ao cabaret

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de letterpress

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 00.00 h.
  • Centro Ágora.

Obradoiro de medo escénico (Actividade de continuidade)

  • Venres, 25 de outubro e 8 e 22 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 00.00 h.
  • Centro Ágora.

Creando con collage

  • Sábado, 23 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís.

INFÓRMATE E FÓRMATE

Quérote en feminino

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 19.00 a 21.00 h.
  • Centro Quérote+.

Roteiro ambiental: vivir entre polinizadores

  • Sábado, 23 de novembro de 2019.
  • De 11.00 a 12.30 h.
  • Saída desde Parque de Eirís.

DESCUBRE E EXPERIMENTA

Obradoiro de kokedamas

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de reciclaxe de palets: letreiros personalizados

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora.

Taller de bastidores e láminas botánicas

  • Venres, 22 de novembro de 2019.
  • De 21.00 a 23.00 h.
  • Centro Ágora

Taller de estampación textil

  • Sábado, 23 de novembro de 2019.
  • De 18.00 a 20.00 h.
  • Centro Civico Cidade Vella.

Taller de bordado e transferencia

  • Sábado, 23 de novembro de 2019.
  • De 19.30 a 21.30 h.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís.

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

No pierdas

Actividades

Inscripción en Actividades

Nuevo proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

 

Cómo inscribirme en una actividad

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?