Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Orzamentos Participativos 2019: Fase de propostas

¿A quién va dirigido?:

todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poderán propoñer, priorizar ou votar propostas.

Inscripciones:

Recollida de propostas: do 25 de abril ao 21 de maio de 2019

Página web:

aportaaberta.coruna.es

Organizador:

Concello da Coruña

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Teléfono de atención á cidadanía: 010

Puntos de apoio presencial

Espazos de encontro

  • Información y participación na rúa. Durante a primeira fase, haberá 2 espazos de información e participación na rúa onde poderás facer propostas co apoio de persoal técnico a través de dispositivos móbiles: 
    • sábados 4 e 11 de maio, na Praza de Lugo e no Obelisco, en horario de tarde, de 17:00 a 21:00 h.
  • Encontros abertos á cidadanía, onde debater e achegar propostas (en todos os encontros hai reservada aula  para o servizo de conciliación e servizo de interpretación de lingua de signos): 
    • Martes 7 de maio no Centro Cívico Municipal Labañou, ás 18:30 h.
    • Mércores 8 de maio no Centro Cívico Municipal Monte Alto, ás 19:00 h.
    • Xoves 9 de maio no TEU Ribeira Sacra 17 (Novo Mesoiro), ás 18:30 h4.
    • Luns 13 de maio, no Centro Cívico Municipal Os Mallos, ás 18:45 h.
    • Martes 14 de maio, no Centro Cívico Municipal Castrillón, ás 18:30 h.

O Concello da Coruña abre a fase de presentación de propostas dos Orzamentos Participativos. Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu Concello. Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus distritos.

Pódense facer:

  • Propostas para toda a cidade. Destinaranse 1 millón de euros.
  • Propostas para un dos 10 distritos que compoñen a cidade. Destinaranse 2 millóns de euros repartidos equitativamente entre os 10 distritos que a conforman (200.000 euros para cada distrito), 

Para que a túa proposta sexa válida, ten que cumplir os seguintes requisitos:

  • Ser un investimento: basicamente todo o que o Concello pode construír ou adquirir que teña unha duración superior a un ano, que non se consuma co uso, que se poida inventariar e que non sexa un gasto previsiblemente reiterativo.
  • Ser competencia do Concello: hai gastos que son competencia da Xunta de Galicia ou da Administración do Estado e que os concellos non poden facer.
  • Ser legal: estudarase se hai algunha normativa contraria á proposta ou se non favorece o ben común.
  • Ser viable tecnicamente: tamén se estudará se existe algún impedimento técnico para levar a cabo a proposta. Cando a valoración dunha proposta requira estudos previos, non se declarará inviable. Neste caso, o custo total previsto incluirá o de facer ese estudo previo e, advertirase no propio informe que a viabilidade final da proposta dependerá do resultado dese estudo.

Podemos investir para estes fins: educación, coñecemento, culturas, deportes, promoción social, igualdade, diversidade, innovación democrática, participación, mobilidade, tráfico e transporte, infraestruturas, medio ambiente, coidados e servizos sociais, turismo, emprego, economía social, promoción económica, saúde e consumo, seguridade cidadá.

Fases do proceso:

  1. Información, debate e presentación de propostas: do 25 de abril ao 21 de maio de 2019.
  2. Apoios ás propostas: no mes de xuño/xullo
  3. Avaliación das propostas priorizadas: no verán
  4. Votación final: no mes de setembro

Como se fan as propostas:

No pierdas

Actividades

Inscripción en Actividades

Nuevo proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

 

Cómo inscribirme en una actividad

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?